Os Bombeiros de Vigo desinfectan cada día os ambulatorios con bombas urbanas lixeiras e de alta presión
O alcalde explicou que o equipo de Bombeiros dedicado á desinfección diaria de centros de saúde e espazos sanitarios está composto por cinco profesionais, equipados con traxes antisalpicadura, equipos autónomos de respiración, casco, luvas e botas, e operan con dúas bombas urbanas lixeiras, outra de alta presión e mochilas eléctricas.
“Non hai un só concello no mundo que faga máis traballo de desinfección que nós”, asegurou este martes Abel Caballero, tras informar de que o día previo os Bombeiros limparon todos os centros de saúde da cidade, Povisa, a unidade de doazón de sangue e a central de ambulancias.
Tres bombeiros, un cuarto tamén condutor e outro xefe de saída conforman o equipo de desinfección, cinco persoas equipadas con traxes antisalpicaduras, equipos autónomos de respiración, casco, luvas e botas. Para o seu traballo empregan dúas bombas urbanas lixeiras e outra de alta presión, ademais de mochilas eléctricas.
O dos Bombeiros de Vigo é un entre os catorce equipos municipais que cada día desinfectan rúas e dependencias da cidade na loita contra a propagación do coronavirus, en quendas de mañá, tarde e noite. “Prácticamente toda a cidade e todas as parroquias de Vigo”, recordou Caballero, son obxecto da desinfección do Concello de Vigo, uns 50 quilómetros cada día xunto a outros espazos como o pavillón do Berbés (habilitado para persoas sen teito), CEDRO, a Policía Local (incluíndo 23 vehículos), os parques de Bombeiros de Teis e Balaídos, o albergue municipal de Marqués de Valterra, Protección Civil (incluídos os vehículos) e os cemiterios de Pereiró, Teis e Lavadores.
Abel Caballero quixo agradecer o cariño que dispensa á cidadanía viguesa desde as súas casas aos equipos municipais de desinfección, que traballan “con moita intensidade”. O alcalde indicou que é “moi frecuente” que sexan aplaudidos desde os balcóns.