Escoitar

Caballero agradece á Fundación Amancio Ortega e á empresa Caamaño Asia o envío de material de protección

O Concello vén de recibir unha segunda entrega de material de seguridade, doado neste caso pola Fundación Amancio Ortega e a empresa Caamaño Asia. Concretamente, o consistorio vigués recibiu 8.096 máscaras e un buzos de protección.

martes, 7 abr 2020

O alcalde de Vigo deu conta esta mañá da chegada de material de protección doado pola Fundación Amancio Ortega e pola empresa Caamaño Asia. Nunha conferencia de prensa telemática, agradeceu “moitísimo” a ambas entidades o envío de 8.096 máscaras, ademais de buzos de protección. Sobre a anterior entrega de material enviado desde a Xunta, Caballero explicou que o Concello está á espera dunha resposta das autoridades sanitarias autonómicas para saber se pode distribuír as 15.000 máscaras caducadas que o Goberno galego fixo chegar ao consistorio vigués días atrás. O rexedor confirmou que este material non se distribuirá en tanto no se reciba contestación con garantías por parte da autoridade competente.