Escoitar

Vigo terá un orzamento de 327,5 millóns no ano 2025

O alcalde adiantou a cifra, 10,5 millóns superior á do ano en curso. “Temos a certeza de aprobar o orzamento polo apoio da cidadanía á lista que eu mesmo encabezo e a miña candidatura e o goberno que conformo”, afirmou.

martes, 6 ago 2024

Vigo terá un orzamento de 327,5 millóns de euros para o ano 2025. O alcalde adiantou a cifra “que permitirá seguir atendendo a cidade”. Caballero louvou a certeza de que Vigo terá orzamento “polo apoio da cidadanía á lista que eu mesmo encabezo e a miña candidatura e o goberno que conformo”.

O orzamento para 2025 elévase 10,5 millóns con respecto ao actual. Segundo disgregou o rexedor, 122.600.000 euros proveñen do Estado, mentres que a Xunta aporta 6 millóns de euros, unha cifra, a do goberno autonómico “que no aporta case nada a Vigo”, lamentou o rexedor. O resto, ata os 327,5 millóns, son recursos propios.

O alcalde adiantou que o goberno local manterá os niveis de investimentos, en torno aos 33 millóns de euros, aos que hai que sumar os fondos europeos Next Generation EU do Goberno de España. Amais, insistiu en manter un servizos públicos de alta calidade como a limpeza, subministros e continuar coa celeridade no pago a provedores e débeda cero. “Non recorremos ao endebedamento”, concluíu.

Descargar todas as imaxes