Escoitar

Os hoteis de Vigo acadaron o 82% de ocupación media no mes de xullo

Abel Caballero informou tamén que o primeiro fin de semana de agosto pechou cunha ocupación do 90,5%. O aeroporto de Vigo rexistrou unha ocupación do 82% en xullo.

luns, 5 ago 2024

Boas cifras para o turismo de Vigo. O mes de xullo pechou cunha ocupación media hoteleira do 82%, case dez puntos máis que o mesmo mes do ano pasado. A estancia media dos turistas en Vigo foi de 2,13 días. En canto a distribución dos viaxeiros, o 9,5% proceden doutros puntos de Galicia, o 57,23% do resto de España e o 33,24% son internacionais. Segundo explicou o alcalde, dos internacionais Portugal acada a primeira posición cun 30% do total. Séguenlle Italia cun 8,6%, Estados Unidos 8,3%, que o alcalde cualificou como “excepcional a chegada de cada vez máis turistas desde América”. Alemania e Reino Unido superan o 6% e rexistráronse 5,6% de turistas procedentes de Francia.

Os bos datos de ocupación hoteleira veñen acompañados da actividade do aeroporto de Vigo, que rexistrou un 82% de ocupación nos voos. Barcelona e Londres acadaron o 96% e superaron un 90% destinos como Madrid, Bilbao ou Tenerife. Vigo tamén estivo conectada con Menorca, Palma que rexistrou o 79% de prazas ocupadas, 68% Lanzarote, 59% Ibiza e 49% Santander.

Abel Caballero tamén avanzou que o primeiro fin de semana de agosto os hoteis de Vigo pecharon cun 90,5% de camas ocupadas.

“Un verano turístico excepcional, importante para a economía da cidade”, concluíu.

Reservas en platea para o concerto de Melendi

O alcalde lembrou que mañá se poden adquirir as reservas para a platea no concerto que Melendi terá na cidade, que se celebrará o sábado 17 de agosto.

A venda para o derradeiro dos concertos do “Vigo en Festas 2024”, terá lugar o martes 6 de agosto, seguindo o novo sistema posto en marcha nesta edición, polo Concello de Vigo. Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades, 4000 de xeito presencial no auditorio de Castrelos e 1000 en liña. As entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas). En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online.

Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva. No caso do artista asturiano o prezo será de 15€.

Descargar todas as imaxes