Escoitar

Abel Caballero recibiu aos 150 nenos e nenas saharauís que pasan o verán na cidade

Esta mañá tivo realizouse o tradicional acto de recepción que ofrece o alcalde, Abel Caballero, ás familias viguesas acolledoras e aos 150 nenos e nenas saharauís que pasarán o verán na cidade. Un ano máis, Vigo volve a ser a cidade de España que máis nenos e nenas saharauís acolle a través de “Vacacións en Paz”, como explicou o rexedor o goberno de Vigo achega un total de 70.000 euros o ano á Asociación Galega do Pobo Saharauí para levar adiante este programa. Aproveitou o rexedor para destacar a labor realizada por Maite Isla, presidenta da asociación e, recentemente, nomeada coordinadora estatal das asociacións solidarias co Sahara.

luns, 5 ago 2024
Descargar todas as imaxes