Escoitar

O Goberno municipal amplía en 72,2 millóns o orzamento de 2025

O alcalde anunciou que a ampliación do orzamento inclúe a renovación dos vestiarios de 9 campos de fútbol. Serán 14,9 millóns para deporte, 27,5 millóns en investimentos e 11,2 para o plan de choque de vivenda.

venres, 11 xul 2025

Caballero anunciou a ampliación do orzamento de 2025 en 72,2 millóns de euros. A Xunta de Goberno deu luz verde a investimentos por valor de 27,5 millóns de euros “para humanizacións, novas rúas e elementos mecánicos do Vigo Vertical”. Tamén unha gran parte do montante está asignado ao área de Deportes, que conta con 14,9 millóns de euros. Entre as actuacións o alcalde destacou a renovación dos vestiarios de 9 campos de fútbol: A Bouza, Monte da Mina, San Andrés de Comesaña, A Guía, Santa Mariña, Carballal, Candeán, Meixoeiro e Sárdoma con un orzamento de 8,5 millóns.

O alcalde debullou o resto da ampliación de orzamento, con 11,2 millóns de euros para vivenda, 5,7 millóns para parques e xardíns, 3 millóns para educación, 1,5 millóns para o mercado de Teis, investimentos no patrimonio histórico por 2 millóns de euros, melloras no Concello e ámbitos municipais dotado con 5 millóns de euros, así como investimentos en política social, turismo, festas, xuventude, entre outros.

Caballero louvou a xestión municipal, que aínda despois de ampliar o orzamento en 72,2 millóns ten “aforrados” 100 millóns de euros. “Unha xestión excepcional” concluíu.

Descargar todas as imaxes