O Goberno local inicia o desenvolvemento dos solares da antiga Álvarez en Cabral e Coruxo
O Concello arrinca o próximo martes o desenvolvemento dos ámbitos de solo urbano non consolidado dos terreos das antigas fábricas do Grupo de Empresas Álvarez, GEA, en Cabral e en Coruxo. O novo Plan Xeral de Ordenación Municipal dá paso á construción de dotacións de uso terciario e residencial en dous solares que acumulan dúas décadas de deterioración, segundo lembrou este venres o alcalde.

Abel Caballero explicou hoxe que os 37.731 metros do chan urbano non consolidado do solar onde se asentaba a antiga fábrica de Mohasa, pertencente ao Grupo Álvarez, tras a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal comezan o seu desenvolvemento coa incoación do expediente que será abordado o próximo martes polo Consello da Xerencia de Urbanismo. Apuntou que nestes terreos construiranse infraestruturas de uso terciario con edificios que non podrán superar as catro alturas; que serán cedidos ao Concello 3.573 metros, e que mellorará os accesos á rúa San Lorenzo.
Os 105.000 metros da parcela da empresa de fabricación de Porcelanas de GEA en Cabral acollerán, ademais de 810 vivendas, das que 240 contarán con protección, así como un novo parque do Lagares nos 33.000 metros que serán cedidos ao Concello. “O Concello poñerá en marcha 240 pisos de protección en Cabral”, remarcou o alcalde.
“Dúas décadas de deterioración de todo o patrimonio de Álvarez que neste momento colle osíxeno e empeza o proceso de recuperación”, destacou Abel Caballlero.
Quioscos de praia
O rexedor anunciou a adxudicación dos quioscos de praia ata o ano 2028. "Xa poden empezar a funcionar esta tarde", afirmou Caballero, ao explicar que permanecerán abertos ata o día 31 de outubro e en Semana Santa e, en anos sucesivos, desde o día 1 de maio ata final de outubro.
O areal de Samil contará con tres quioscos, outros dous estarán na praia de la Fuente; outros dous en O Vao; un na ETEA. Os de Alcabre e Argazada atrasaranse pola renuncia dos propietarios.