Escoitar

Vigo concorrerá ao Perte de microchips coa fábrica de fotóns e unha inversión de 50,4 millóns

O alcalde confirmou que o proxecto para construír unha planta de fabricación de microchips e circuítos fotónicos, promovida por Zona Franca en colaboración coa Universidade, concorrerá ás achegas do Perte de microchips. Logo dun ano de traballo na espera desta convocatoria, avanzou que a fábrica suporá un investimento de 50,4 millóns que permitirá abastecer de chips todo o territorio.

martes, 5 abr 2022
Foto de arquivo da presentación do proxecto nas instalacións da Zona Franca.
Foto de arquivo da presentación do proxecto nas instalacións da Zona Franca.

Vigo aspira a formar parte “desa máquina de fabricación de microchips semicondutores” á que aspira a Unión Europea” que se porá en marcha coa aprobación do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) anunciado polo presidente do Goberno de España e que está dotado con 11.000 millóns de euros. O alcalde lembrou hoxe en rolda de prensa que a cidade traballa desde marzo do ano pasado nun proxecto promovido desde a Zona Franca -en colaboración coa Universidade - para construír unha fábrica de circuítos fotónicos e un laboratorio de I+D que permita abastecer de chips o territorio. Trátase dun investimento de 50,4 millóns de euros, que en tres anos podería estar funcionando e xerando 150 postos de traballo directos e 700 indirectos.

Na súa intervención, Caballero subscribiu as verbas de Pedro Sánchez cando definiu este Perte como “unha aposta ambiciosa e audaz” para atraer inversións. Esta iniciativa, ademais, está en liña cos obxectivos da UE que prevé que en en 2030 o 20% dos chips mundiais fabricaranse en Europa.

Descargar todas as imaxes