Escoitar

O Concello amplía o horario dos museos municipais durante a Semana Santa

O alcalde deu conta deste cambio que se realizará desde o xoves 14 e ata o domingo 17 de abril para facilitar as visitas das persoas que veñan á cidade nestes días. Amais, informou da posta en servizo do bus turístico desde este domingo 9 de abril.

martes, 5 abr 2022
Abel Caballero na súa comparecencia en rolda de prensa
Abel Caballero na súa comparecencia en rolda de prensa

Con motivo dos festivos de Semana Santa, o goberno municipal amplía os horarios da Rede de Museos Municipais desde este xoves, día 14, e ata o domingo 17 de abril. Así o Verbum, a Casa das Artes, a Casa Galega da Cultura, a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego e o Museo "Quiñones de Léon" de Castrelos abrirán de 10 a 14 horas da mañá e de 17 a 21 horas da tarde.

Abel Caballero referiuse na rolda de prensa deste martes á presenza da “grande obra de Laxeiro” no Museo de Arte Contemporánea Reina Sofía de Madrid, que visitou este luns, trasladando o “enorme orgullo que sentín ao ver que expón nun dos tres mellores museos de arte contemporánea do mundo. Está presente formando parte da colección permanente ao mesmo nivel que o Guernica de Picasso”, recalcou.

Sobre os museos municipais, esta é a programación que poderán visitarse durante estes días e a Semana Santa:

Casa das Artes:

- Exposición temporal: “Illas Cíes. 2º Desafío fotográfico e audiovisual Cíes Talent Cómic Grafitti”

- Colección Luís Torras

- Fundación Laxeiro: Colección Permanente e “Laxeiro descoñecido I. Obras inéditas da primeira época”

Casa Galega da Cultura

-Museo Francisco Fernández del Riego

-Exposición temporal: “Manuel Moldes. Vieiros na memoria”

VERBUM

- Exposición permanente

Museo Quiñones de León en Castrelos

- Colección Arqueolóxica

- Recreación do pazo galego e colección de pintura antiga e artes decorativas

Pinacoteca “Francisco Fernández del Riego”

- Exposición permanente: “A nova colección Colmeiro”

- Exposición temporal: “Francisco Fernández del Riego. Nos vieiros da arte galega”

Percorridos no autobús turístico

O rexedor deu conta da posta en marcha, durante a Semana Santa, do autobús turístico que volverá percorrer os puntos emblemáticos da cidade desde este sábado día 9 e ata o vindeiro domingo, 17 de abril. O servizo estará dispoñible con catro viaxes diarias que saen desde a Estación Marítima: ás 10 e ás 12 horas da mañá e ás 16:30 e 18:30 horas da tarde.

Os billetes poden comprarse de forma anticipada na web de Turismo de Vigo ( turismodevigo. org), na plataforma Woutick! e na web de Vitrasa.

 

Descargar todas as imaxes