Caballero presenta o coche colaborativo conectado para estender a tecnoloxía de Policía Local e bombeiros a todos os vehículos

martes, 5 nov 2024

Abel Caballero presentou hoxe o prototipo do vehículo colaborativo conectado que xa circula pola cidade copiando información e facendo ensaios co obxectivo de realizar o mércores 13 de novembro unha demostración sobre as posibilidades que ofrece a nova tecnoloxía para a condución. Trátase de estender a todos os coches da cidade os avances que xa utilizan as unidades da Policía Local e de bombeiros.

Abel Caballero felicita aos axentes da Policía Local que participaron nos "X Xogos Europeos de Policías e Bombeiros"

luns, 28 out 2024

A cidade portuguesa de Braga acolleu a décima edición dos Xogos Europeos de Policías e Bombeiros nos que un ano máis participou a Policía Local de Vigo. Os 14 axentes (11 homes e 3 mulleres). que representaron ao corpo municipal, trouxeron do país veciño un total de 40 medallas (26 de ouro, 8 de prata e 6 de bronce). O rexedor transmitiulles esta mañá a súa felicitación e orgullo por este feito, aproveitando para animalos a seguir competindo en representación da cidade.

O alcalde apunta que "o novo túnel de acceso directo a Vialia desde a autoestrada aliviará o tráfico e evitará problemas"

venres, 4 out 2024

O novo túnel de acceso desde a autoestrada AP9 ao edificio de Vialia, que facilita o acceso ao aparcamento da estación “sen ter que entrar no corazón da cidade” e eludindo a entrada a Vigo, “vai aliviar o tráfico e evitaranos problemas”, explicou este venres Abel Caballero. O alcalde acudiu ao simulacro de seguridade do túnel coordinado polo 112, Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local e Bombeiros. As previsións indican a apertura da nova conexión en novembro.