martes, 14 dec 2021
A Dirección Xeral de Tráfico realiza esta semana unha inspección dos autobuses que levan ao alumnado aos centros educativos e a Policía Local de Vigo participará no control do cumprimento da normativa vixente, segundo informou este martes o alcalde, tanto dos vehículos como do persoal.
luns, 29 nov 2021
Abel Caballero achegouse á presentación deste vehículo da compañía galega UNVI nas instalacións da Zona Franca de Vigo. É a primeira vez que un vehículo destas características se proba en España.
luns, 29 nov 2021
O consistorio vigués vén de conseguir esta acreditación para a súa sala de control do tráfico e a mobilidade, converténdose no único servizo deste tipo en toda España que conta con ela, segundo afirmou este luns Abel Caballero. Vigo ten elementos de protección contra o pirateo, por exemplo, do sistema semafórico da cidade.
venres, 26 nov 2021
O BOP publica este venres a nova normativa municipal de terrazas, que será de aplicación en dúas semanas e, como novidade, posibilita á hostalería a montar terrazas con peche estable de sinxelo desmontaxe. “Queremos que poidan facer economía, negocio, xerar emprego e facilitar o ocio dos cidadáns”, explicou o alcalde.
xoves, 18 nov 2021
Abel Caballero asegura ser “aliado dos motoristas” e enumera as actuacións de seguridade coa instalación de biondas en máis de 50 rúas municipais.
mércores, 10 nov 2021
A Xunta de Goberno Local aprobará este xoves liquidar o contrato dos estacionamentos soterrados de Jenaro de la Fuente e da Avenida de Castelao, cuxa construción foi adxudicada pola anterior alcaldesa de Vigo unha semana antes das eleccións de 2007, segundo afirmou Abel Caballero. O alcalde recordou que o Concello tivo ademais que pagar outros 35,2 millóns polo Mar de Vigo, tamén adxudicado polos seus predecesores no cargo.
venres, 29 out 2021
Co obxectivo de atender o incremento da demanda das persoas usuarias de cara á celebración do día 1 e 2 de novembro amplíanse algúns dos servizos actuais ata os camposantos da cidade.
venres, 29 out 2021
O goberno de Vigo, segundo informou o alcalde, adxudicou este venres as obras de mellora, que se prolongarán durante uns seis meses e presentan un orzamento que roza o millón e medio de euros. Caballero explicou que se actuará na iluminación, a protección contra lumes, paneis de información, medición de gases e se instalará un sistema de megafonía.
martes, 26 out 2021
Abel Caballero comunicou este martes que o Concello vai participar na iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico ata o 7 de novembro. A Policía Local informará a ciclistas e usuarios dun VMP das vías polas que deben circular: “A mobilidade segura ten que estar garantida para os peóns nas beirarrúas e zonas peonalizadas”.
mércores, 20 out 2021
Abel Caballero explicou en rolda de prensa que a rúa dos Foxos, tamén en Teis, terá un só carril e dirección única na primeira parte da estrada.