Escoitar

Alberto Carballo Acuña, novo Intendente da Policía Local

O relevo no cargo prodúcese logo da vacante que deixa a xubilación de Francisco Muñoz, que levaba máis de dez anos desempeñando o posto e facendo un “traballo excepcional”, en palabras do rexedor.

martes, 12 xul 2022
O rexedor en rolda de prensa
O rexedor en rolda de prensa

Abel Caballero informou este martes do nomeamento como novo Intendente da Policía Local de Vigo de Alberto Carballo Acuña, un “home de traxectoria profesional extraordinaria, con capacitación profesional” para desenvolver o labor de Intendente e cun “traballo excepcional durante o seu exercicio como número dous da Policía Local”,

Tal e como apuntou, a Lei sinala que o nomeamento definitivo debe efectuarse a través dun concurso público que se celebrará antes dun ano.

O rexedor felicitou publicamente a Francisco Muñoz, que levaba sendo o Intendente máis 10 anos durante os que fixo un “traballo excepcional coa súa proxección e forma de entender o funcionamento da Policía Local” e cualificouno como “un bo amigo da cidade, gran vigués, gran Intendente e gran profesional da Policía Local” durante o seu tempo ao mando do Corpo.

Descargar todas as imaxes