Escoitar

Caballero convoca aos municipios a concentrarse en memoria de Miguel Ángel Blanco

Desde a FEMP convócase a todos os municipios ás concentracións silenciosas o mércores ás 12 horas polo 25 aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco. En Vigo será na Praza do Rei.

martes, 12 xul 2022

Abel Caballero fixo esta mañá un chamamento a concentracións silenciosas nas portas dos concellos de toda España ás 12 de mediodía de mañá mércores, 13 de xullo, “en memoria de Miguel Ángel Blanco e de todas as vítimas do terrorismo” porque, lembrou, “mañá cúmprense 25 anos da morte de Miguel Ángel Blanco, concelleiro dunha vila, de Ermua, que facía o seu traballo e foi asasinado”.

Caballero, que lembrou que esta convocatoria remitiuse onte desde a FEMP aos gobernos locais, subliñou a condena da federación a todas as formas de terrorismo, “e á xente criminal de ETA que asasinou a Miguel Ángel Blanco por ser concelleiro." En recordo de Blanco e de “tanta xente que foi asasinada”, manifestou o presidente da Federación, “convocamos para render tributo á súa memoria e enviar condolencias ás súas familias”.

Descargar todas as imaxes