Escoitar

Os hoteis da cidade ao 100% de ocupación a fin de semana

O alcalde deu conta en rolda de prensa das cifras de turismo e o balance do mes de xuño: “Estamos en números históricos e recuperando o turismo previo á pandemia”.

luns, 11 xul 2022
Imaxe de Turismo de Vigo
Imaxe de Turismo de Vigo

Abel Caballero cualificou os datos de turismo como “moi positivos” ao informar que a fin de semana os hoteis acadaron unha cifra de ocupación de case o 100% de ocupación.

A ocupación media no mes de xuño foi dun 73,3%, dato moi próximo ao de 2019, previo á pandemia, e que foi o mellor rexistro da serie histórica. A estancia media dos turistas foi de 2,1 noites.

A maioría dos turistas proceden doutros puntos de España. Caballero sinalou como dato importante o turismo internacional, sendo dun 34,17% do total. A maioría dos visitantes estranxeiros proceden de Portugal, un 28,1% do total, pero manifestou o intereses por outros mercados, como o de Estados Unidos, cun 11,65%, o Reino Unido cun 6,78%, Alemania 6,5%, Italia 6,28% ou Francia, cun 3,61%.

Descargar todas as imaxes