Escoitar

O alcalde confirma a actuación da Coral Casablanca en Castrelos o 15 de xullo

O Concello pecha o cartel dos concertos de Castrelos con este concerto. Este mes de xullo actuarán no marco das festas de Vigo Sebastian Yatra, Love of Lesbian e as Tanxugueiras.

luns, 11 xul 2022
Serrat durante o seu concerto en Castrelos
Serrat durante o seu concerto en Castrelos

Abel Caballero confirma a data da actuación da Coral Casablanca no Auditorio de Castrelos: será o venres 15 de xullo, acompañando neste mes as actuacións xa confirmadas de Love of Lesbian e Tanxugueiras, o 29 e 30 de xullo respectivamente.

Na rolda de prensa deste luns, o rexedor destacou a “memorable” actuación de Joan Manuel Serrat no día de onte, que realizou un “repaso a toda a súa carreira coas cancións máis coñecidas” do artista catalán que puido redimirse da súa ausencia en 2018. Ademais o alcalde lembrou a actuación que terá lugar este mércores, co cantante colombiano Sebastián Yatra, que se subirá ao escenario de Castrelos a partir das 22:00 horas.

Máis eventos culturais

Vigo tamén acollerá este xoves 14 de xullo ás 22:00h a actuación do cantante e guitarrista canadense Bryan Adams. O concerto será no campo de fútbol de As Travesas e con el abre a a súa xira “So happy it hurts”.

A cidade acolle estes días outros eventos culturais como o festival de danza urbana Vikul, o 14 e 15 de xullo; as Festas de Bouzas e o Festival Folclórico Internacional do 20 o 24 de xullo, organizado polo Concello.

Serrat durante o seu concerto en Castrelos
Descargar todas as imaxes