Escoitar

Vigo ultima o mapeado de 700 quilómetros de vías da cidade

Abel Caballero explicou este martes o procedemento polo que, durante os próximos meses, se completará o escaneado de vías e rúas viguesas que permitirá unha mellor planificación do seu mantemento.

martes, 14 xuñ 2022

Segundo informou o rexedor, un vehículo dotado de sensores de posicionamento, cámaras de fotos e escáner 3D percorrerá Vigo durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro para fotografar e escanear 700 quilómetros de vías con todo detalle.

O goberno municipal xa realizara este traballo no ano 2020 e, agora, “queremos actualizalo e completalo” para dispoñer dos datos máis precisos e actuais das infraestruturas viarias do Concello e, con eles, poder confeccionar un Street View profesional de Vigo.

Co mapeado e escaneado móbil de 700 quilómetros de vías vigueses, o Concello, dispoñerá de toda a información sobre os pavimentos das rúas e camiños para planificar o mantemento preventivo da vía pública e, ademais, os servizos municipais poderán realizar inspeccións e medicións con precisión topográfica de calquera lugar de Vigo, sen necesidade de desprazarse ao lugar.

Iluminación das fontes de Aragón

O alcalde deu conta tamén da iluminación esta noite das fontes da rúa Aragón polo Día nacional das linguas de signos españolas. Vigo súmase á xornada co obxectivo de promover a difusión da lingua de signos e impulsar medidas para normalizar o seu uso en todos os ámbitos, dada a importancia que teñen para a plena participación das persoas xordas na sociedade.

Descargar todas as imaxes