Escoitar

150 persoas reciben formación básica para adultos, o 90%, mulleres

O Concello segue ofertando formación básica para adultos para persoas que “empezaron a traballar moi novas a non tiveron oportunidade de estudar”. Son 150 estudantes, maioritariamente mulleres, que asisten a clase dúas veces á semana entre outubro e maio.

luns, 13 xuñ 2022

O alcalde achegouse esta tarde ano auditorio da Uned para entregar os diplomas aos participantes no programa municipal de educación básica para persoas adultas. Son 150 estudantes -máis do 90% mulleres - que asisten a clase dúas veces á semana entre outubro e maio con sesións de unha hora e media.

A formación impártese en oito locais públicos das seguintes entidades veciñais: Teis, Calvario, Cristo da Victoria, Sárdoma, Bembrive, Lavadores, Valadares e Mulleres Progresistas. O programa ten cun orzamento de de 37.426 euros e conta con 8 profesores.

Esta iniciativa trata de facilitar a integración e participación na vida social de persoas que “empezaron a traballar moi novas a non tiveron oportunidade de estudar”. Tal e como avanzou o rexedor, O Concello non descarta aumentar o número de horas se fora preciso porque “é unha débeda que mantemos con estas persoas que non tiveron oportunidades para formarse hai moitas décadas”.

 

Descargar todas as imaxes