O Concello abre a preinscrición para novo alumnado das escolas de música, teatro e danza
Todos aqueles interesados en acceder ás escolas municipais de música, teatro e danza teñen xa aberto o prazo de inscrición. Neste mes de xuño, será a quenda dos que xa son alumnos mentres que o prazo para os aspirantes remata o 7 de setembro.
O alcalde deu conta esta mañá do comezo do prazo de inscrición do novo alumnado para as escolas de Música e Artes Escénicas; a Escola de Música de Vigo;a de Música Tradicional e Folk (E-TRAD); de Teatro e de Danza. A reserva de praza para os que xa son alumnos será no mes de maio e terán que matricularse entre o 22 de xuño e o 8 de xullo.
Para o novo alumnado, habilitaronse dúas modalidades para facer a preinscrición. De xeito telemático, (www.enmavigo.org), do 22 de xuño ao 7 de setembro; e, presencialmente, nas oficinas de cada escola, do 22 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 7 de setembro. Toda a información estará dispoñible na páxina web municipal e o inicio do curso está previsto para o 3 de outubro.