Escoitar

A rúa Ecuador permanecerá pechada por obras a partir de mañá entre Joaquín Lóriga e Taboada Leal

As obras de canalización e saneamento manterán pechada a rúa Ecuador entre Joaquín Lóriga e Taboada Leal desde mañá ata o sábado día 5. Tamén a partir de mañá na rúa Ecuador, entre Gran Vía e Joaquín Lóriga, comezarán os traballos de fresado e asfaltado.

martes, 1 feb 2005
A rúa Ecuador, no tramo entre Joaquín Lóriga e Taboada Leal, estará pechada ao tráfico por mor das obras de canalización de saneamento. Así, o acceso será exclusivo para residentes desde as 15:00 do mércores 2 de febreiro ás 20:00 do sábado 5.

Ademais, desde mañá ao mediodía comezarán os traballos de fresado e asfaltado da rúa Ecuador entre as rúas Gran Vía e Joaquín Lóriga, se ben non será necesario cortar o tráfico.