mércores, 2 febreiro 2005

Entroido nos barrios

mércores, 2 feb 2005

O espectáculo circense do grupo Picompé inaugura as actividades do Entroido nos Barrios organizado pola concellería de Festas e Animación Sociocultural. O xoves, ás 18 horas, o grupo actuará na Praza de Galegos Ilustres e representará a obra titulada "O Novo Circo".

A arquitectura mozárabe centrará o IX Seminario de Arte Románica

mércores, 2 feb 2005

O IX Seminario de Arte Románica, que conta coa colaboración da Concellería de Patrimonio Histórico, abordará o fenómeno da arquitectura mozárabe a través de catro conferencias a cargo de Francisco Xabier Ocaña. Será no Centro Cultural Caixanova do 19 de febreiro ao 12 de marzo e a inscrición poderá solicitarse no Rexistro Xeral do Concello ata o 17 de febreiro.

Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 2 feb 2005

A reunión ordinaria do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo tratará, entre outros temas, a aprobación provisional da modificación do PXOM relativa á ordenación de viais na zona do Meixoeiro-Bembrive e accesos ao Hospital Meixoeiro.