Concello de Vigo e Política Territorial asinan dous dos convenios previstos en infraestructuras por valor de 3,5 millóns de euros
Corina Porro e Alberto Núñez Feijóo asinaron hoxe os dous primeiros convenios do investimento previsto pola Xunta na cidade de Vigo e que ascendería a 19 millóns de euros. Os dous que se produciron hoxe atañen á ampliación e urbanización da rúa Pedro Alvarado e a reconstrucción da pérgola de Jenaro de la Fuente en Bouzas.
A alcaldesa Corina Porro e o conselleiro de Política Territorial e vicepresidente primeiro da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinaron hoxe dous convenios de colaboración en materia de obras de urbanización que supón un investimento total de preto de 3,5 millóns de euros. A alcaldesa salientou estos dos acordos que veñen a ser os primeiros de moitos que supondrán un investimento na cidade de Vigo de 19 millóns de euros.
O primeiro acordo supón a apertura e prolongación da rúa Pedro Alvarado dende o seu inicio nas proximidades de Sanjurjo Badía ata o final en Doctor Corbal, xunto ao instituto da Guía. A zona de Pedro Alvarado e Camiño Maceiras carece actualmente de itinerarios alternativos, provocando frecuentes colapsos circulatorios. A nova rúa terá 12 metros de ancho e disporá de beirarrúas e aparcamentos.
Tamén proxectarase unha rotonda partida e parcialmente semaforizada entre as rúas Pedro Alvarado, Sanjurjo Badía e Enrique Lorenzo, afectando a un total de 802 metros de lonxitude.
Segundo a alcaldesa, a Xunta encargarase da contartación e execución das obras que inclúen, aparte dos traballos de pavimentación e formación de aparcamentos e beirarrúas, a dotación de servicios, redes de abastecemento, saneamento e augas pluviais, alumeado, telefonía, cable e gas entre outros. O investimento total, asumido por Política Territorial, será de 2.732.000 euros. Pola súa banda o Concello aportará o proxecto constructivo e os terreos precisos para levar a cabo a actuación, ademais do mantemento das infraestructuras unha vez rematadas.
O conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que no primeiro trimestre de 2005 licitaríanse as obras
A pérgola de xenaro de la Fuente
O segundo é un convenio para levar a cabo diversas actuacións en rúas da cidade por un importe de 728.510 euros e que contribúen á mellora do entorno urbano. En concreto trátase da reconstrucción da pérgola de Jenaro de la Fuente en Bouzas, a urbanización da rúa González Sierra e o axardinamento do tramo da Gran Vía na súa confluencia con Travesas.