Escoitar

Corina Porro entrega a recadación de Vigolandia a entidades que traballan a favor dos discapacitados

A alcaldesa, Corina Porro, repartiu hoxe a recadación de Vigolandia entre seis entidades que traballan a favor das persoas discapacitadas. Cada un dos cheques entregados supón unha cantidade de 3.756,92 euros.

martes, 1 feb 2005
1107266575entrega.jpg
A alcaldesa, Corina Porro, entregou hoxe no Concello os cheques coa recadación de Vigolandia a distintos colectivos da cidade que traballan a favor das persoas discapacitadsa. En concreto, os beneficiarios foron Hoy por Mañana, Novas Rutas, a Fundación Magar, a Fundación Igual Arte e o Colexio Público de Educación Especial "Saladino Cortizo". A recadación total de Vigolandia foi de 22.541,2 euros, polo que cada cheque supón unha cantidade de 3.756,92 euros.

Vigolandia é un proxecto que nace no ano 2004 coa finalidade de apoiar social e institucionalmente, por parte de empresas e estamentos da cidade de Vigo, a extraordinaria obra e labor social que veñen desenrolando algunhas entidades e asociacións ó longo da súa historia, a favor das persoas discapacitadas. Corina Porro salientou o labor destas entidades e asegurou que sempre terán as portas do Concello abertas.

Nesta edición, Vigolandia contou coa colaboración, entre outras institucións e empresas, do Concello de Vigo, Caixanova, Coca-Cola, Faro de Vigo, Alcampo, a Fundación Celta, Telepizza, Tasoga, Radiovigo e o Ifevi.

Vigolandia concibiuse como un parque de lecer para toda a familia con actividades variadas e diversas para pequenos e maiores, que ten lugar no Instituto Feiral de Vigo. Nesta segunda edición, Vigolandia tivo como lema "Deporte, Cultura e Integración".
1107266575entrega.jpg
1107266599cheques.jpg
Descargar todas as imaxes