O Concello retirará os vehículos ante a folga de grúas que se iniciará mañá para garantir a seguridade
Traballará en coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico para atender as demandas empregando as once grúas coas que conta o Concello.
Ante a folga indefinida das empresas de grúas que se iniciará mañá, o Concello de Vigo facilitará o traslado dos vehículos accidentados ou avariados no termo municipal. Neste senso o concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, subliñou que as once grúas municipais farán o traslado para garantir a mobilidade e a seguridade nas vías urbanas.
Deste xeito, o Concello traballará en coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico para atender as demandas que se establezan por motivos de seguridade e por razóns de risco.
Deste xeito, o Concello traballará en coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico para atender as demandas que se establezan por motivos de seguridade e por razóns de risco.