Air France engade unha nova frecuencia matinal entre Vigo e París
xoves, 25 nov 2004O novo voo, operado pola filial Régional, ofrece a posibilidade de ir e voltar no mesmo día á capital francesa.
O novo voo, operado pola filial Régional, ofrece a posibilidade de ir e voltar no mesmo día á capital francesa.
Na reunión acordouse a posta en marcha dun bus nocturno que recorrerá as zonas de movida.
Cesvimap, Centro de Experimentación e Seguridade Vial Mapfre ideou un software que reconstrúe as condicións dos accidentes elaborando cálculos rápidos das velocidades e as enerxías de deformación.
Coa intención de desaloxar os centros urbanos de tráfico e contaminación, así como de facer un uso responsable do automóvil nun contexto de crise enerxética, Vigo súmase ao millar de cidades europeas que celebran o Día sen coche. As viaxes nos buses de Vitrasa circulares centro e C2 serán gratis durante toda a xornada.
Unha marcha ciclista e diversos actos na praza de Compostela para os máis cativos tomarán o relevo ao tráfico, o ruído e a contaminación nos próximos días con motivo da celebración do "Día Europeo sen o meu coche" o vindeiro mércores 22 de setembro. Unha iniciativa que tratará de concienciar aos cidadáns dos múltiples beneficios do uso racional dos vehículos particulares.
A contaminación, o ruido ou os atascos darán unha tregua aos vigueses o vindeiro mércores 22 de setembro con motivo da celebración do "Día Europeo sen o meu coche". Unha iniciativa presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, e que tratará de concienciar aos cidadáns dos múltiples beneficios do uso racional dos vehículos privados.
Desde as 23:30 horas do luns, 30 de agosto, o tráfico ascendente desde Magallanes ata Hernán Cortes, pasa a circular polo marxe esquerdo con dous carrís de subida.Mantense un carril de baixada para o transporte público.<br />
Ante a folga das empresas de grúas, o Concello facilitará o traslado dos vehículos accidentados ou avariados no termino municipal. Neste sentido o concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, subliñou que as once grúas municipais farán o traslado para garantir a mobilidade e a seguridade nas vías urbanas.
Persoas que se identifican como bombeiros da cidade piden donativos de 40 euros para cidadáns de Latinoamérica víctimas de guerras ou catástrofes.
Tralo asfaltado de distintas rúas da cidade, o venres día 13 de agosto darán comezo os traballos de sinalización horizontal en seis rúas de Vigo. O pintado das marcas viais nestas rúas, que se levará a cabo polas noites, terá lugar ata o vindeiro luns, 16 de agosto, e estará condicionado pola climatoloxía.