Air France engade unha nova frecuencia matinal entre Vigo e París
O novo voo, operado pola filial Régional, ofrece a posibilidade de ir e voltar no mesmo día á capital francesa.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o director xeral de Air France para España e Portugal, Jaques de Chambrun, presentaron hoxe no Concello o seu novo traxecto Vigo-París Charles de Gaulle. Operado por Régional nun aparato Embraer 145 de 50 prazas, o novo voo, que "fai noite" en Vigo, sae de Peinador ás 7h00 da mañá (con chegada a París-CDG ás 9h05), para regresar ás 18h55 do aeroporto parisino (chegada a Vigo ás 21h05).
A nova frecuencia de Air France responde á demanda dos homes e mulleres de negocios de Galicia, que desde o pasado 16 de novembro poden realizar unha ida e volta no día á capital francesa, así como multiplicar as posibilidades de conexión no "hub" (aeroporto de conexións rápidas) de Air France en París.
"Esta nova frecuencia, coa que se poderá viaxar no día a París, reforzará a actividade de moitas empresas da cidade, facilitará as transaccións comerciais con Europa e potenciará o sector servicios", declarou a Sra. Corina Porro, Alcaldesa de Vigo. "A decisión de Air France de elixir a Vigo como a primeira cidade de Galicia na súa implantación ven a demostrar a situación estratéxica desta cidade como motor económico desta Comunidade Autónoma e eixe da eurorrexión Galicia- Norte de Portugal", engadiu a Alcaldesa de Vigo.
Pola súa parte, Jacques de Chambrun, manifestou que "con esta nova frecuencia, que responde á boa acollida da nosa liña dende a súa apertura o pasado mes de xuño, Air France continúa a súa implantación en Galicia". E engadiu que "a implantación deste terceiro voo entre Vigo e París permitirá a moitas persoas que se desprazan á capital francesa por motivos de negocios, aproveitar o día completo en París, chegando a primeira hora e regresando a última hora da tarde, ou enlazar con numerosos destinos europeos e transoceánicos da rede de Air France".
Con estas tres frecuencias, os viaxeiros que saian de Vigo poderán conectar, vía París, con 122 destinos da rede Air France (19 destinos en Francia, 54 en Europa e 49 destinos de longo recorrido). Mais do 50% dos pasaxeiros de Air France que utilizan a liña Vigo-París, realiza en Charles de Gaulle unha conexión cara a Francia, Europa ou outros destinos transoceánicos.
Air France en Vigo
Dende o 1 de xuño de 2004, data de inauguración da liña Vigo-París CDG, ata o pasado 31 de outubro, Air France transportou un total de 15.084 pasaxeiros entre ámbalas dúas cidades, cun índice de ocupación media en torno ao 60%. Deses mais de 15.000 pasaxeiros, case o 40% tomaron dende París novos voos de longo alcance, sendo os destinos mais frecuentados as Illas Mauricio, Nova York e Singapour.
Frecuencia dos voos de Air France a través da filial Régional, entre Vigo e París CDG:
Vigo-París (Aeroporto Charles de Gaulle) de luns a venres:
AF5599 Saída: 7:00h Chegada: 9:05h (operativo tamén os sábados)
AF5579 Saída: 12:15h Chegada: 14:20h (operativo tamén os sábados)
AF5581 Saída: 18:20h Chegada: 20:25h (operativo tamén os domingos)
París (Aeroporto Charles de Gaulle)-Vigo de luns a venres:
AF5578 Saída: 09:30h Chegada: 11:40h (operativo tamén os sábados)
AF5580 Saída: 15:25h Chegada: 17:35h (operativo tamén os domingos)
AF5598 Saída: 18:55h Chegada: 21:05h (operativo tamén os domingos)
A duración dos voos é de 2,05h á ida e 2,10h á volta.
Descargar todas as imaxes