Concello e FICHUVI asinan un convenio marco para a creación de varias unidades de promoción da saúde
A primeira unidade, a de Alimentación e Nutrición, realizará campañas para controlar os perigos dunha alimentación pouco saudable e as súas consecuencias, como o caso da obesidade.
O concelleiro Ignacio López-Chaves asinou hoxe o convenio marco entre o Concello de Vigo e a Fundación para a investigación do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Fichuvi), xunto co director da mesma, o doutor Enrique Caso Peláez.
O convenio ten como finalidade a creación de unidades de promoción da saúde e coa súa sinatura nacerá a primeira, a de Alimentación e Nutrición. Segundo o concelleiro, no futuro haberá novas unidades, como poderían ser as de saúde mental ou prevención de hábitos nocivos, que deberán ser valoradas.
Dentro da unidade de Nutrición e Alimentación, Concello e Fundación unirán as súas forzas para achegar á poboación tódolos riscos dunha alimentación pouco saudable, como pode ser a obesidade, enfermidade á que a fundación dedica unha especial atención no seu estudio sobre as proteínas humanas.
Xa no ano 97, a fundación iniciara un estudio onde observouse unha elevada porcentaxe de obesos, en torno ao 30%, unha cifra de tendencia ascendente que, "por axustarse á media nacional non deixa de ser preocupante, principalmente nos nenos", indicou Enrique Caso.
A unidade de Nutrición e Alimentación ten previsto, ademais de divulgar o resultado das súas investigacións mediante charlas e conferencias, realizar iniciativas que vaian directas á concienciación dos rapaces, como a xestión, xa iniciada, dunha boa parte dos menús escolares dos colexios vigueses. "A unidade emite un informe valorativo e aporta as súas modificacións e consellos", comentou o director do Fichuvi.