Escoitar

Mon Valencia pon fin ao ciclo de exposicións individuais na Casa da Xuventude

A obra desta xove pintora galega poderase visitar na Sala de Exposicións da Casa da Xuventude ata o 3 de decembro deste ano.

martes, 23 nov 2004
1101220906Valencia.jpg
Dende esta mesma tarde poderase visitar a derradeira das mostras individuais que alberga a Sala de Exposicións da Casa da Xuventude. A exposición que poderemos disfrutar nestes días é unha colección de óleos dunha nova pintora chamada Mon Valencia.

Esta rapaza escomenzou con tan só 14 anos coa ferramenta dos debuxantes, o carboncillo, para logo lanzarse ao mudo do óleo cun claro estilo impresionista. Ten participado en concursos de pintura, o máis reciente o convocado polo Concello de Muiños en Ourense. Os seus traballos foron expostos colectivamente en diversas salas e individualmente nalgún café desta cidade e de Ourense.

As obras poden contemplarse ata o venres 3 de decembro en horario de apertura da Sala de Exposicións que é de 10:00 a 14:00 pola mañá e de 17:00 a 21:00 pola tarde.
Descargar todas as imaxes