Escoitar

Nenos de seis colexios da cidade participaron no Pleno Infantil no Concello

A sexta edición do Pleno Infantil celebrouse hoxe no Concello coa intervención de alumnos de 5º e 6º de Primaria dos colexios Caixa Aforros, CEIP Igrexa-Valadares, Escola Martín Códax, CEIP Ría de Vigo e o colexio Salesianos, ademais do CEP Seis do Nadal.

luns, 22 nov 2004
1101136400nenes.jpg
A Concellería de Benestar festexou, como tódolos anos, o Día Internacional dos Nenos e das Nenas coa celebración dunha sesión extraordinaria do Pleno Infantil. Este ano foi a VI edición do devandito pleno.

Con esta VI sesión tratouse de dar o primeiro paso de cara a asumi-lo compromiso dos nenos e nenas de Vigo coa cidade. Facendo fincapé en que a poboación infantil, da cal eles forman parte, ten moitos dereitos pero como cidadáns tamén teñen obrigas deberes para coa cidade e con todas as persoas coas que nela conviven.

Tratouse, en definitiva de conseguir un consenso sobre as medidas a adoptar polos nenos e nenas de Vigo para facilitar, dende o seu deber de cidadáns, a convivencia cos seus semellantes, a través da súa propia sensibilización e de toda a sociedade, empezando polas seus fogares e escolas, e cara ó fomento e reforzo da cooperación de tódalas partes implicadas establecendo canles de comunicación coas corporacións adultas que gobernen a cidade.

Os concelleiros e concelleiras desta edición foron representantes de 5 centros escolares de Vigo entre os cales se atopan centros públicos e concertados.

Cada centro estivo representado por 5 concelleiros, entre os cales se elixiu ao novo Alcalde accidental. Este relevou ao Alcalde infantil da V sesión plenaria despois de que este dese lectura ao acta da sesión que presidíu e que pasará á firma dos novos concelleiros e concelleiras para a súa aprobación definitiva.

Acto seguido iniciouse a nova sesión coa participación dos e das representantes infantís presentando as propostas traballadas nos seus centros escolares e que foron sometidas á votación.

Os centros escolares agradeceron de antemán o interese amosado dende a Concellería de Benestar Social por traballar co colectivo infantil e manteñen grandes esperanzas en que, dende ésta, facilitense canles de comunicación para tratar de facer a convivencia entre tódolos e tódalas cidadáns de Vigo o máis doada e respectuosa posible.

Os centros participantes na VI Sesión Extraordinaria do Pleno Infantil foron: Colexio Caixa Aforros, CEIP Igrexa-Valadares, Escola Martín Códax, CEIP. Ría de Vigo e o colexio Salesianos, ademais do CEP. Seis do Nadal representado polo Alcalde Infantil da V sesión.
1101136400nenes.jpg
1101136428nenos1.jpg
Descargar todas as imaxes