Asvidal e a concellería da Muller inician a campaña "Alcohol e violencia de xénero"
Coa pegada de máis dunha trintena de carteis na Lonxa de Vigo, a iniciativa pretende concienciar á sociedade da relación que a miúdo se produce entre estes dous elementos.
A campaña divulgativa "Alcohol e violencia de xénero", organizada pola unidade de tratamento de alcoholismo de Asvidal e patrocinada pola concellería da Muller do Concello de Vigo, foi presentada hoxe coa presencia da concelleira Lucía Molares.
A campaña, que consistirá na pegada dunha trintena de carteis divulgativos os próximos días 23, 24 e 25 na Lonxa de Vigo, pretende informar e concienciar á poboación da relación existente entre o alcohol e a violencia. Se ben a organización da campaña entende que o alcohol non é factor único nin exclusivo da violencia doméstica, é ben certo que un alto porcentaxe de abusadores o fan baixo os efectos do alcohol.
A Unión Europea sitúa o porcentaxe da implicación do alcohol nos delictos de violencia doméstica entre un 11 e un 32 por cento. Segundo o estudio "Género, alcohol e cultura", da Organización Mundial da Saúde, arredor do 50% das parellas de mulleres ingresadas en centros de acollida presentaban un abuso de alcohol.
Segundo datos de Asvidal, a violencia de xénero é a terceira causa de perda de vida saudable, e pérdense no mundo 9 millóns de anos de vida saudable pola súa causa. O centro de Asvidal en Vigo é a única unidade de tratamento de alcoholismo na provincia e pola súa experiencia poden facer un perfil a grandes trazos do alcohólico vigués: "é home nunha proporción de tres a un, arredor dos 40 anos e preferentemente cun traballo eventual".