Escoitar

Personalidades do arte, a vida social, a cultura e o deporte achéganse a homenaxear o 25 aniversario da morte de Celso Emilio Ferreiro

Unha ampla representación de artistas, deportistas e famosos galegos participarán desinteresadamente nunha homenaxe ao poeta galego que estará presente en palabra, imaxe e son.

martes, 23 nov 2004
1101220650miro.jpg
A cidade de Vigo estalle a render unha sentida homenaxe ao xenial escritor Celso Emilio Ferreiro con motivo do 25 aniversario do seu falecemento en Vigo. O Pleno Municipal do Concello aprobou esta homenaxe que organiza en colaboración coa Fundación Celso Emilio en recordo desta ilustre figura da poesía galega

O primeiro acto celebrouse o 31 de agosto, data exacta do seu falecemento, cunha ofrenda floral nos xardíns de Celso Emilio na rúa Marqués de Alcedo.

O próximo acto terá lugar mañá ás 19,30h. coa presentación do baixo releve que no número 28 da rúa Urzáiz recordará a tódolos cidadáns o que foi o fogar vigués de Celso Emilio.

A continuación, ás 20,30h. no Teatro do Centro Cultural García Barbón, con entrada libre e de balde, terá lugar a homenaxe que baixo o título "Voces da cidade para Celso Emilio" articulouse en tres elementos: as palabras do poeta, coa lectura de parte do seu poemario, as imaxes do poeta, coa proxección de documentais editados expresamente para este acto e a música alentada pola obra do poeta, coa actuación de Luis Emilio Batallán e Miro Casabella.

Cabe destaca-la xenerosidade de todos aqueles que participaron na organización desta homenaxe. Músicos, editores, lectores, productores, guionistas, presentadores… ninguén cobra un solo céntimo polo seu esforzo e participación. Destaca-la xenerosidade de Xaime Quesada, autor do retrato do poeta de Celanova que ilustra o cartel conmemorativo, e que cedeu os seus dereitos de autor para a elaboración duns gravados conmemorativos deste acto.

Antonio Rodríguez, Michel Salgado, Miro Casabella, Isaac Díaz Pardo, Manuel Manquiña, Chus Lago, Javier Riera, Luís Emilio Batallán, Fernando Vázquez… son só algúns dos nomes dos homes e mulleres que en representación do conxunto da cidadanía recordarán coa súa voz a obra dun dos mellores autores galegos de tódolos tempos.
1101220650miro.jpg
1101220691poster.JPG
Descargar todas as imaxes