Escoitar

A biblioteca Central de Vigo pon en marcha a súa nova programación de decembro<br /> <br />

Como novidades destacan a visita de Cándido Pazó e a programación especial para nenos durante as vacacións do Nadal.

martes, 23 nov 2004
O mes de novembro presenta algunhas novidades na biblioteca Central. Os luns haberá un obradoiro de escritura dende as 11 horas para rapaces de máis de 11 anos. Os colexios interesados deberán chamar á biblioteca (Tfno. 986-229074) para concertar a cita.

Martes, mércores e xoves, entre as 10 e as 12 da mañá, seguirá habendo visitas escolares guiadas. A cota de reservas para este mes de decembro está xa completa.

O martes día 7 haberá un obradoiro de contacontos correspondente á Expo InterÉtnica para rapaces de 6 a 12 anos. A cita será ás 17,30 horas e o número limitado de prazas aconsella apuntarse con antelación na propia biblioteca.

Os mércores haberá ademais Cursos de formación para usuarios de bibliotecas e visitas guiadas, ademais do club de lectura (entre as 17 e as 18 horas), que continúa coa obra de Robert Graves, "Yo, Claudio", comezada o mes anterior. As 18 horas na Sala de conferencias e ata completar o aforo haberá Cineclub: "Toliños polo cinema", co seguinte programa:

Día 1 "O ladrón de bicicletas", de Vitorio de Sica.
Día 15 "Dersu Uzala", de Akira Kurosawa.
Día 22 "Qué belo é vivir", de Frank Capra.

Como novidade, os días 1 e 15 de decembro, ambos mércores, terá lugar o curso de escritura creativa para adultos en galego. Será a partir das 18,30 horas.

Os xoves e os venres seguirá o programa Inglés na biblioteca, con inscrición previa e prazas limitadas. Ás 17 horas comezará a sesión para adultos, con Conversación e grupos de debate sobre temas de actualidade os xoves e Taller literario os venres. Ás 18,30 comeza a sesión para nenos, con Contos en inglés para nenos de 4 a 6 anos os xoves e Contos e xogos para nenos de 7 a 10 anos os venres. O xoves 16, a partir das 20 horas, Cándido Pazó visitará a biblioteca coa súa actuación de monólogos humorísticos.

A actividade "Os sábados conto" continuará durante o mes de decembro, a partir das 11 horas na biblioteca infantil, co seguinte programa:

Día 4 Obradoiro de Cadros de area para rapaces de 6 a 12 anos, correspondente á Expo InterÉtnica.
Día 11 Teatro. Locamotora, a partir das 11,30 horas.
Día 18 Teatro. Carlota e Marieta van en avioneta, tamén ás 11,30 horas.

Programa especial de Nadal

Con motivo das vacacións do Nadal, a Biblioteca Central ten previsto dous programas especiais dedicados aos nenos. Son o "Nadal en inglés para nenos" e o "Obradoiro para rapaces" da Expo InterÉtnica.

"Nadal en inglés para nenos":

Luns 27 Contos de Nadal (ás 11,00 para nenos de 4 a 6 anos e ás 12,30 para nenos de 7 a 10 anos).
Martes 28 Cine e animación (ás 11,30 horas).
Mércores 29. Jincana navideña (ás 11,30 horas).
Xoves 30 Panxoliñas e teatro (ás 10:00 para nenos de 4 a 6 anos e ás 12:00 para nenos de 7 a 10 anos).

"Obradoiros para rapaces" (Expo InterÉtnica, para rapaces de 6 a 12 anos):

Luns 27 de 17,30 a 19,30 horas, Danzas do mundo.
Martes 28 de 17,30 a 19,30 horas, Cadros de area.
Mércores 29 de 17,30 a 19,30 horas, Danzas do mundo.


En xaneiro continuará o programa especial de Nadal cos "Obradoiros de pintura-lectura" para rapaces:

Luns 3 e martes 4 ás 18,30 horas. Un día traballarase sobre Xulio Verne e o outro sobre o Principiño.