Escoitar

A Concellería de Xuventude ofrece unha diversión alternativa para o fin de semana co seu programa Noites Vivas

Obradoiros de cociña, clases de baile ou xogos de mesa e "en rede" son algunhas das propostas.

xoves, 25 nov 2004
Nas noites do venres e do sábado, o programa Noites Vivas da Concellería de Xuventude oferta unha morea de actividades nas que poder participar de forma gratuíta.

A programación para esta fin de semana é a seguinte:

O venres
- No Centro Xuvenil Municipal (rúa Uruguai, 9) haberá obradoiros de pan, de protocolo de etiqueta, selfservice de coiro e chapas, acceso a internet e sala de xogos.
- No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) se impartirán bailes de salón e breakdance, e como deportes baloncesto mixto, musculación e squash.
- Na Asociación Xuvenil Cancerbero (Heraclio Botana, 6) se xogarán partidas de estratexia e de xogos de mesa coma o Risk ou o Carcassonne.
- Na Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia (rúa Marín,1) ensinarannos como elaborar un delicioso biscoito de laranxa i unhas madalenas e tamén se poderá acceder a internet.
- A Asociación Veciñal Doutor Fleming (rúa Zamora, 80) porá en marcha un obradoiro de repuxado de coiro, un torneo de xogos en rede, acceso a internet e unha sala multiusos para quedar cos amigos e ver vídeos, tomar té, xogar ás cartas, etc.

Para o sábado, o programa Noites Vivas reserva os seguintes espazos:
- Centro Xuvenil Municipal (rúa Uruguai, 9) con dous obradoiros principais, un de cociña onde se elaborarán batidos, e outro de xabóns aromáticos. Tamén se poderán realizar obradoiros libres (selfservice) de globoflexia e cestería ou acceder a internet.
- Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) con sevillanas, Aikido, que é un arte marcial xaponesa, un obradoiro de cestería, pachanga nocturna, musculación e squash.

As actividades se desenvolven entre as 22:00 e as 2:00 horas, segundo o espazo, poidéndose consultar máis información na Casa daXuventude no 986 294 806 ou na web www.xuventudevigo.org