David Russell presentou a súa actuación de mañá no Are More
O guitarrista interpretará pezas barrocas e sudamericanas, clásicos como Bach ou Haendel e contemporáneos como William Walton.
O concelleiro Ignacio López-Chaves presentou hoxe a actuación do guitarrista clásico escocés David Russell, que actuará mañá ás 20,30 horas no Teatro Fraga. Nado en Glasgow, o músico tivo unha infancia moi ligada a España xa que se trasladou moi novo a Menorca, onde recibiu as súas primeiras clases de guitarra da man do seu pai. Na actualidade, David Russell vive en Vigo, onde casou cunha viguesa, e o público do Are More xa coñece o seu virtuosismo coa guitarra de pasadas edicións.
Ignacio López-Chaves destacou a carreira musical do escocés, que leva gañados numerosos concursos como o de Alacante, Benicasim, "José Ramírez" de Santiago ou o "Andrés Segovia" de Palma de Mallorca. A súa experiencia internacional valeulle o recoñecemento da "Royal Academy of Music" de Londres, que lle nomeou membro en 1997.
Pola súa parte, David Russell aproveitou para agradece-lo cariño que lle amosa a cidade e, en especial, o festival Are More. Entre o repertorio do seu concerto, o músico destacou algunhas obras sudamericanas, o barroquismo da descoñecida "Aire Vasco" de G. Manjón e algunha peza contemporánea de William Walton, así como clásicos indiscutibles da talla de Bach ou Haendel. Acto seguido, o guitarrista deleitou á audiencia cunha pequena mostra da súa habilidade co instrumento.