Vigo celebra a campaña "A cidade sen o meu coche"

venres, 17 set 2004

Unha marcha ciclista e diversos actos na praza de Compostela para os máis cativos tomarán o relevo ao tráfico, o ruído e a contaminación nos próximos días con motivo da celebración do "Día Europeo sen o meu coche" o vindeiro mércores 22 de setembro. Unha iniciativa que tratará de concienciar aos cidadáns dos múltiples beneficios do uso racional dos vehículos particulares.

Por un día... ¡Báixate do carro!

xoves, 16 set 2004

A contaminación, o ruido ou os atascos darán unha tregua aos vigueses o vindeiro mércores 22 de setembro con motivo da celebración do "Día Europeo sen o meu coche". Unha iniciativa presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, e que tratará de concienciar aos cidadáns dos múltiples beneficios do uso racional dos vehículos privados.