Seguridade, tráfico e transporte
O acordo de disponibilidade horaria mellorou o servizo da Policía Local en 2005
venres, 13 xan 2006O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, e o xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, salientaron os efectos positivos do acordo de disponibilidade horaria sobre os servizos prestados pola Policía Local.
O Concello estuda axilizar a rotación das prazas da ORA usando os últimos avances tecnolóxicos
venres, 30 dec 2005O Concello estuda mellorar o funcionamento da ORA apoiándose nos últimos avances tecnolóxicos. Segundo asegurou o concelleiro José Manuel Figueroa, un novo sistema de control permitirá axilizar a rotación dos vehículos sen incrementar as tarifas e mantendo os postos de traballo dedicados a este servizo.
Doce novos autobuses dotados de rampa electrónica
xoves, 29 dec 2005A cidade conta dende o xoves con 12 novos autobuses de transporte colectivo que pasarán a formar parte da actual flota de Vitrasa integrada por 116 vehículos.Os novos autobuses presentaron nun acto ao que asistiu a alcaldesa Corina Porro.
O Concello aproba a revisión das tarifas dos autotaxis para 2006
luns, 26 dec 2005A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns a revisión das tarifas dos autotaxis para 2006. A baixada de bandeira pasará a custar 2,61 euros e o prezo por cada kilómetro percorrido será de 70 céntimos os días laborables de 06:00 a 22:30.
Presentado o novo sistema de xestión do tráfico de Vigo
mércores, 14 dec 2005O primeiro tenente de alcalde, José Manuel Figueroa, os concelleiros Antonio Coello e José Manuel Iglesias e responsables da empresa Esycsa presentaron hoxe mércores o novo sistema de xestión do tráfico da cidade.
Protección Civil ofrece unha comida homenaxe aos seus voluntarios
luns, 5 dec 2005Protección Civil ofrecerá o martes, co gallo do Día Internacional do Voluntariado, unha comida para homenaxear a súa agrupación de voluntarios. Ao evento asistirán o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, o concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, a concelleira de Distrito Marisol Polo e autoridades portuguesas.
A Policía Local premia a Protección Cicil
venres, 2 dec 2005A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil recibirán o "Salacot de Honor" que concede a Policía Local de Vigo desde o ano 2002 como recoñecemento ás persoas e institucións que se signifiquen polos valores do lema da cidade "Fiel, Leal, Valerosa e sempre Benéfica".A distinción entregarase o luns,día 5,no decurso da Gala de Confraternidade da Policía Local que este ano celebrase baixo o lema "Só conséguese aquelo que antes soñouse".
Vigo organizará o vindeiro ano o Congreso de Sistemas Intelixentes de Transporte
martes, 29 nov 2005O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, asiste ao Congreso Español e Iberoamericano de Sistemas Intelixentes de Transporte (ITS), que se celebra en Málaga do 29 de novembro ao 2 de decembro e no que se decidirá a celebración da seguinte edición do ano 2006 en Vigo.
Tráfico ultima a restrición do tráfico de camións de máis de dez toneladas no centro urbano
martes, 29 nov 2005O Departamento de Tráfico do Concello ultima os detalles da sinalización que regulará a circulación de camións de máis de 10 toneladas dentro do núcleo urbano de Vigo, a partir dunha proposta, elaborada en colaboración coa Universidade, que determina os percorridos admitidos para estes vehículos.