Escoitar

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de autotaxis

venres, 13 xan 2006
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nos exames para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXIS, que deberán presentar a solicitude xunto coa documentación esixida na vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo, até o día 27 de xaneiro dos correntes. Teranse en conta soamente as solicitudes entregadas a partir do 1 de setembro de 2005, incluído.

Así mesmo, aquelas persoas que presentaron a solicitude con anterioridade e que teñan caducado o certificado médico (considérase caducado se pasaron máis de tres meses dende a súa data de expedición), ou que non o presentasen, deberán facer entrega dun novo certificado nas oficinas da área, antes do citado día.

As probas realizaranse o día 9 de febreiro, na Casa do Concello. Os solicitantes comparecerán provistos de bolígrafo, DNI e carné de conducir.

HORARIOS

Ás 9 horas, solicitantes cuxo primeiro apelido estea entre o A-L, ambos os dous inclusive
Ás 11 horas, solicitantes cuxo primeiro apelido estea entre o M-Z, ambos os dous inclusive.

O Tribunal está composto por:

- Presidente: Antonio Coello Bufill
- Secretaria: Carmen Pintado García
- Vogal: Juan Comesaña Alén

CPG/omc


O CONCELLEIRO-DELEGADO DE ÁREA

Antonio Coello Bufill