Escoitar

Protesta silenciosa na praza do Rei contra o último caso de violencia de xénero

Unha nova concentración silenciosa na praza do Rei, e xa van tres desde que comezou o ano, volveu lembrar as víctimas da violencia de xénero. Desta vez protestouse contra os asasinatos dunha nena de cinco anos e da súa nai a mans do ex compañeiro desta, ocorridos en Zaragoza.

venres, 13 xan 2006
1137155392concentra130106.jpg
Varios concelleiros sumáronse aos funcionarios e cidadáns que se reuniron na praza do Rei para mostraren a súa repulsa por estes feitos. Na noite do pasado mércores, os cadáveres dunha oficial do Exército, a súa filla de cinco anos e o seu compañeiro sentimental, tamén militar, foron achados nunha vivenda de militares da base aérea de Zaragoza. Todo apunta a que o home lles disparou á su ex compañeira sentimental e á súa filla antes de se suicidar.
Descargar todas as imaxes