Doce novos autobuses dotados de rampa electrónica
A cidade conta dende o xoves con 12 novos autobuses de transporte colectivo que pasarán a formar parte da actual flota de Vitrasa integrada por 116 vehículos.Os novos autobuses presentaron nun acto ao que asistiu a alcaldesa Corina Porro.
Os autobuses presentados contan cunha rampa eléctrica que facilitará o acceso de persoas que se desprazan en cadeira de rodas. Na actualidade o 68% da flota de Vitrasa é totalmente accesible grazas a ramplas eléctricas e manuais e ás plataformas baixas.
Entre os novos avances técnicos destacan a instalación de piso baixo integral, motores “Euro 3”, regulación en altura, sistema GPS e sistema de billetaxe electrónico. O combustible empregado por todos eles é o gasóleo.