Escoitar

Entrega de invitacións para o concurso de rondallas

O venres, día 30, estarán a disposición do público as invitacións para asistir ao XXV concurso de Rondallas que terá lugar o día 1 de xaneiro ás 18 horas nas instalacións do IMD.O acceso é limitado ao foro das instalacións polo que é imprescindible entrar con invitación que se poderán recoller o venres, día 30, de 10.00 horas e de 16.00 a 21 horas no despacho de billetes do IMD.

xoves, 29 dec 2005
1135861404rondallas.jpg
O concurso de rondallas celebra os seu 25 aniversario polo que o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, entregará unha placa conmemorativa ás nove participantes que nesta ocasión son as rondallas da Asociación Cultural de Pontellas-Porriño; do Centro Recreativo e Cultural de Torroso-Mos; do CSCR de Beade-Vigo; do Centro Cultural “Abrente”-Mos; de Santa Eulalia de Atios-Porriño; do Centro Cultural “A Merced” de Chaín-Gondomar; do Freixo de Valladares-Vigo; da Sociedade Cultural “Helios” de Bembrive-Vigo e do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia-Mos.

O xurado do “XXV Concurso de Rondallas”, estará composto por Xosé Manuel Gil Rodríguez, artesán de gaitas e profesor de gaita; Margarita Pérez Lorenzo, profesora de danza e coreógrafa; Lucas Alonso Pérez, profesor de música conservatorio Mayeusis e Wenceslao Cabezas del Toro “Polo”, director da Escola Municipal de Danza.
Descargar todas as imaxes