O Concello achega 25.000 euros a actividades de dinamización comercial durante o Nadal
A concelleira de Comercio, Lucía Molares, asinou hoxe mércores un convenio coas asociacións de comerciantes e mercados de Vigo para o desenvolvemento de actividades de dinamización paralelas ás compras de Nadal.
Deste xeito, quince asociacións de comerciantes e mercados de Vigo beneficiaranse dunha axuda municipal duns 1560 euros, o que supón unha achega total por parte do Concello de 25.000 euros. Segundo o convenio, serán as propias asociacións de comerciantes e mercados os encargados de organizar as actividades de dinamización máis axeitadas ás súas respectivas zonas.
Lucía Molares recalcou o "especial esforzo" que a Concellaría que dirixe está a realizar e dixo esperar que a colaboración cos comerciantes continúe nos próximos anos. A concelleira afirmou que o obxectivo deste acordo, asinado hoxe mércores por primeira vez, é "que Vigo sexa o eixo das compras para o Nadal", converténdose na cidade de referencia para o comercio de Galicia e do Norte de Portugal. Neste sentido, Lucía Molares apostou por Vigo como cidade non só industrial, senón tamén de servizos.
Entre as actividades que se desenvolverán nas áreas de comercio de Vigo en virtude deste convenio figuran as seguintes:
Asociación de Comerciantes e Hosteleros Vigovello
- Talleres de materiais reciclados e debuxo para nenos e nenas.
Asociación de Comerciantes Zona Centro de Vigo
- Reparto de caramelos e felicitacións.
- Maratón de teatro improvisado.
- Coreografías absurdas.
- Karaoke de Nadal.
- Mimos.
- Xogos de Campamentos.
- Contacontos.
- Conto de Nadal.
- Animación home anuncio.
Príncipe
- Principito Club Social (gardería).
- Rondallas.
Asociación de Comerciantes de Teis
- Música de Nadal nas rúas
- Seis Papá Noeles que reparten caramelos.
Asociación de Comerciantes e Profesionais de Bouzas
- Papá Noeles que reparte caramelos.
- Sorteo de Cestas de Nadal.
- Papa Noel no palco para recibir os nenos e nenas.
Asociación de Comerciantes do Calvario
- Concertos funky (The Turre’s Band).
- Pasarrúas Pirata
- Visita de Papá Noel para recibir no seu trono os nenos e nenas.
Mercacevi
- Vacacións cos Mercados. Sorteo de 18 viaxes a Canarias.
- Calidade de Vida cos Mercados. Sorteo de 6.000 euros e 50 lotes de productos.
- Papá Noel reparte caramelos.
- Decoración de Nadal.
Aetravi
- Catro gaiteiros pasarrúas e un pallaso globador (estático), o 23 de decembro.
- Dous percusionistas, un zancudo e un monociclista con caramelos, o 24 de decembro.
Asociación de Comerciantes de Vigo
- Sorteo de regalos (3 viaxes a Canarias, 3 a Palma de Mallorca, 2 estancias en Hesperia Illa da Toxa, 15 bicicletas de montaña, 3 microondas, 4 televisores de 14 polgadas, 5 baterías de cociña, 10 radiocasetes con CD, 4 reproductores de DVD, 3 vaixelas, 3 xogos de café, 2 robots de cociña, 2 neveiras portátiles, 6 radios con CD, 4 radios con CdMP3, 4 aspiradoras, 4 cheques de compra de 50 euros).
Tamén organizarán actividades de dinamización comercial os mercados do Calvario, Teis, As Travesas, Bouzas, O Berbés e Progreso.
Descargar todas as imaxes