Escoitar

O Verbum celebra o día dos Santos Inocentes con actuacións para nenos e adultos

O Verbum-Casa das Palabras organiza unha programación para nenos e adultos baseada nas palabras e na maxia para celebrar o día dos Santos Inocentes.

martes, 27 dec 2005
A programación, que leva o título de "Con palabras, sen palabras, no canto de palabras…", iniciarase mañá mércores 28 pola tarde coas actividades para nenos, que inclúen unha actuación de contacontos con Ana Carreira, de 17:00 a 18:00, e outra, de 18:30 a 20:30, a cargo dun mimo e dun ventrílocuo, con números de maxia infantil e familiar

A partir das 22:00 comezará a programación de adultos, cun espectáculo de maxia a cargo de Kiko e Cyrille Sinclair, amenizado con música variada por Arquestra.net. A duración aproximada desta actuación será dunha hora e media.

A entrada é gratuíta.