Escoitar

O Concello recupera o edificio do Reitorado

A alcaldesa, Corina Porro, e o reitor, Domingo Docampo asinaron o convenio polo que a Universidade comprométese á entrega e disposición do Concello dos edificios que compoñen a actual sede do reitorado antes do 1 de marzo de 2006. O edificio albergará as dependencias da alcaldía e oficinas de Deputación Provincial e da Mancomunidade.

martes, 27 dec 2005
1135688298reitor.jpg
O edificio foi construído a partir de 1863 e chamado casa de Fernando Carreras, por ser residencia deste promotor e foi unha das primeiras grandes residencias particulares de Vigo. Posteriormente foi sede do Banco de España e máis tarde do Goberno Militar, ata súa cesión ao Concello, que cedeu á Universidade de Vigo como Reitorado,función que tería ata o día de hoxe.

O 28 de xaneiro de 1991 realizou a sinatura do convenio polo que o Concello cedía á Universidade de Vigo durante 25 anos, prorrogables vintecinco máis, polo prezo dunha peseta, a finca coñecida como “Comandancia Militar”, situado no nº52 da rúa Areal xunto co terreo destinado a patio e xardín que forman unha soa finca de 1.027 metros cadrados, para destinala á sede provisional do reitorado mentres non se construise a súa sede definitiva na Cidade Universitaria. Trala sinatura do convenio asinado hoxe ponse fin a dita cesión.

A Universidade de Vigo levou a cabo obras de reforma e rehabilitación por un importe de 1.622.732,68 euros e a construcción dun edificio administrativo con fronte á rúa Oporto que consta de soto, baixo e seis plantas cunha superficie de 1271 m2.

O Concello en contraprestación aboará 2.285.000 dos que 965.000 euros son pola reversión anticipada do edificio da antiga comandancia de marina e 1.320.000 polo edificio anexo.
Descargar todas as imaxes