Escoitar

O Concello aproba a revisión das tarifas dos autotaxis para 2006

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns a revisión das tarifas dos autotaxis para 2006. A baixada de bandeira pasará a custar 2,61 euros e o prezo por cada kilómetro percorrido será de 70 céntimos os días laborables de 06:00 a 22:30.

luns, 26 dec 2005
1135603872xunta261205a.jpg
Segundo explicou o concelleiro de Seguridade, Tráfico e Transporte, Antonio Coello, o prezo do kilómetro será de 72 céntimos os domingos e festivos, os sábados a partir das 15:00 e durante o servizo nocturno, de 22:30 a 06:00. Os prezos serán idénticos para os restantes conceptos en ambas as tarifas. Así, a hora de espera custará 14,18 euros, o suplemento do aeroporto, 3,22, o suplemento de Cotogrande, 2,23, mentres que polas maletas e bultos análogos se pagarán 40 céntimos.

Prezos do transporte público

Ademais, Antonio Coello informou de que hoxe luns tería lugar unha reunión entre os representantes dos grupos políticos do Concello e de Vitrasa para determinar as novas tarifas do transporte público. Coello anunciou que presentará novamente a lista de tarifas intermedias que xa propuxo no Pleno da Corporación do pasado venres, segundo a cal o billete normal pasaría a custar 70 céntimos, o de estudante, 67, e o universitario, 48, manténdose a gratuidade para os pensionistas.
Descargar todas as imaxes