Escoitar

O Pleno requírelle á Xunta de Galicia que manteña a achega á Fundación do MARCO

O Pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe venres por unanimidade unha moción do PP pola que se lle require á Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia que manteña a achega de 300.000 euros á Fundación do MARCO para o ano 2006.

venres, 23 dec 2005
1135347047pleno2312boa.jpeg
Ademais, todos os concelleiros decidiron instar a Xunta de Goberno Local a ter en conta as propostas dos grupos políticos sobre as novas tarifas de transporte urbano en autobús.

Esta decisión tomouse a partir dunha moción presentada polo PSdeG-PSOE, que tamén viu aprobada por unanimidade a súa proposta de que o Goberno municipal tome todas as medidas posibles para respaldar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio de Nacións Unidas desde o seu ámbito competencial. Os Obxectivos de Desenvolvemento da ONU inclúen a erradicación da pobreza extrema, a universalización do ensino primario, a igualdade entre sexos e a sostenibilidade do medio ambiente, entre outras medidas que se preocurarán cumprir nun prazo de 15 anos.

Tamén recibiron o apoio de todos os grupos as mocións do BNG para que o Goberno municipal mellore os viais de saída e acceso ao Segundo Cinto en aspectos tales como a ordenación do tráfico, a sinalización e a iluminación, así como a proposta de que se habilite un espazo baixo as bancadas das pistas de atletismo de Balaídos para a creación dun ximnasio para uso libre dos e das atletas federados que adestran nelas.

Por último, o Pleno deu o seu visto bo a unha moción do PG na que se lle demanda ao Goberno central un pronuciamento "claro e contundente" do seu compromiso coa construción da Alta Velocidade en Galicia.
1135347047pleno2312boa.jpeg
1135347062pleno2312.jpeg
Descargar todas as imaxes