xoves, 29 decembro 2005

Doce novos autobuses dotados de rampa electrónica

xoves, 29 dec 2005

A cidade conta dende o xoves con 12 novos autobuses de transporte colectivo que pasarán a formar parte da actual flota de Vitrasa integrada por 116 vehículos.Os novos autobuses presentaron nun acto ao que asistiu a alcaldesa Corina Porro.

Entrega de invitacións para o concurso de rondallas

xoves, 29 dec 2005

O venres, día 30, estarán a disposición do público as invitacións para asistir ao XXV concurso de Rondallas que terá lugar o día 1 de xaneiro ás 18 horas nas instalacións do IMD.O acceso é limitado ao foro das instalacións polo que é imprescindible entrar con invitación que se poderán recoller o venres, día 30, de 10.00 horas e de 16.00 a 21 horas no despacho de billetes do IMD.