Corina Porro informará sobre a entrada norte do AVE no próximo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo solicitoulle hoxe xoves á súa presidenta, Corina Porro, que informe na súa próxima reunión, o xoves 5 de xaneiro, da proposta do Goberno local sobre a entrada norte do AVE.
A comparecencia da alcaldesa, a quen acompañarán o concelleiro José Manuel Figueroa e o xerente de Urbanismo, Xavier Rivas, foi requerida polo representante do PSdeG-PSOE Mauricio Ruiz. Os grupos políticos decidiron por unanimidade que a comparecencia se produza o xoves 5 de xaneiro, data da vindeira sesión do Consello da Xerencia.
Malia a aceptar a petición do PSdeG-PSOE, Corina Porro afirmou que "o sentido común di que comparezamos cando teñamos todos os datos", en referencia á reunión que manterán o próximo 13 de xaneiro representantes do Concello e do Ministerio de Fomento co obxectivo de definir os aspectos técnicos do proxecto ferroviario.
No tocante aos asuntos incluídos na orde do día do Consello, os grupos políticos propuxéronlle á Xunta de Goberno Local a aprobación inicial do proxecto de urbanización do polígono 4 do PERI IV-01 San Roque A, promovido polas empresas Doblada, Vallehermoso e Invoga.
Por outra parte, no Consello da Xerencia de hoxe xoves tivo lugar a toma de coñecemento do dereito de retracto da empresa Metrovacesa no alleamento da cota proindivisa que lle correspondía ao Concello no ámbito do polígono B SUO PP 1 de Finca Solita, polo prezo de 368.000 euros.
Por último, aprobáronse os expedientes de restauración da legalidade urbanística alterada por obras sen licenza nos camiños Regueira nº 13 (Candeán) e Regueiro nº 18 e no camiño de Gondosende nº 57 (Teis). Ademais, o Consello desestimou os recursos de reposición contra os expedientes por infraccións urbanísticas nas rúas Cantabria nº 208 e Severino Cobas nº 154 (Lavadores).
Descargar todas as imaxes