Escoitar

Comezo da programación de Vigolandia

Do 28 de decembro ao 1 de xaneiro o IFEVI acollerá as actividades de Vigolandia 2006, destinadas aos mais cativos e centradas no deporte, a cultura e a integración.

martes, 27 dec 2005
Vigolandia actividades lúdicas organizadas pola concellería de Festas e Animación Sociocultural e patrocinada por empresas privadas da cidade e entidades financeiras.

Durante cinco días ( do 28 de decembro ao 1 de xaneiro) o recinto feiral de Cotogrande converterase un gran salón de atraccións onde se poderá participar nas seguintes actividades: Fútbol 3 / Floorball; lanzadeira; lanzamento con barreira; chutómetro; cabina de precisión; xogos educativos; videoxogos e consolas; circuíto de educación vial; praia artificial "Illa Marabilla"; talleres Igualarte; piscina balsas "Barcaschoc"; inchables; talleres de animación familiar (taller musical, taller de cociña e taller de baile); taller de Radio; taller de redacción infantil; ponte tibetano; rocódromo; fútbol; pista americana; carteiro real; tómbola benéfica e outras moitas actividades…

Paralelamente ás actividades e dentro da oferta lúdica de VIGOLANDIA, os asistentes porán disfrutar da representación do espectáculo teatral infantil "Nunca Jamás" que correrá a cargo de "La Festa Escénica" e terá lugar no salón de actos Nogueira Dalmás, no recinto feiral. "Nunca Jamás" contará cunha actuación diaria en horario de 18.30 h os días 28, 29 e 30 de decembro e 1 de xaneiro e será necesario abonar unha entrada adicional de 1 euro para asistir á función.