Concello e Xunta comprometense na musealización dos restos arqueolóxicos da rúa Marques de Valladares
A alcaldesa, Corina Porro e a conselleira de Cultura e Deportes, Anxela Bugallo asinaron un protocolo de intencións para a musealización e posta en valor dos restos arqueolóxicos atopados no solar número 41 da rúa Marques de Valladares.
Na sinatura a alcaldesa subliñou que co protocolo “tratamos de por en valor unha parte significativa d pasado arqueolóxico da cidade, non só polo seu valor como xacemento, senón porque entronca co verdadeiro ser de Vigo, ao tratarse dunha salazón, instalación comercial e industrial, que contribúe a enfatizar os inicios socioeconómicos da cidade”.
A propietaria do soar é a sociedade Plata Mar S.L. con licencia para edificación de dúas plantas de soto e planta baixa dedicadas a garaxe, así como portal e cinco pisos con aproveitamento baixo cuberta destinados a vivendas. A consecuencia das escavacións arqueolóxicas puxéronse ao descuberto restos de tanques de salazón romanos na parte norte do solar o que aconsella a conservación in situ que ocupa unha superficie de 227m2.
Dada a importancia para a recuperación , protección e conservación dos restos o Concello comprométese, entre outros aspectos, a adquirir a titularidade da porción da finca na que se atopan os depósitos de salazón; desenvolver un convenio de compensación urbanístico coa sociedade mercantil Playa Mar, S.L., A consellería, pola súa banda, comprométese a aportar os recursos técnicos e económicos necesarios para a musealización e posta en valor dos restos arqueolóxicos.
Descargar todas as imaxes