Seguridade, tráfico e transporte
A Policía Local busca ofrecer un servizo máis directo coa nova Oficina de Relacións Cidadás
xoves, 16 mar 2006A Policía Local puxo en marcha o pasado 1 de marzo a súa Oficina de Relacións Cidadás, un servizo cuxos obxectivos son escoitar as solicitudes dos vigueses de maneira directa e personalizada, facer unha diagnose dos seus problemas e darlles solucións rápidas, eficaces e definitivas.
Os bombeiros fórmanse na intervención dun sinistro químico
luns, 6 mar 200690 efectivos do corpo de bombeiros de Vigo realizaron un curso de formación sobre o transporte de mercadorías perigosas . O programa desenvolveuse ata o día 3 de marzo durante 28 horas lectivas e impartíronse coñecementos e pautas a seguir nunha intervención nun sinistro relacionado con productos químicos.
Protección Civil presenta un balance positivo nas súas memorias de 2005
mércores, 1 mar 2006O concelleiro de Seguridade, Antonio Coello, e o coordinador de Protección Civil, José Estévez Seoane, presentaron a Memoria de 2005 de Protección Civil, na que se constata a recuperación deste corpo formado por uns 100 voluntarios.
O parque móbil da Policía Local renóvase con cinco novos vehículos
martes, 21 feb 2006O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, e o xefe da Policía Local de Vigo, Carmelo del Castillo, presentaron hoxe martes cinco novos vehículos cos que este Corpo renova o seu parque móbil.
O goberno municipal pide un informe de responsabilidades administrativas das actuacións das forzas do orden público no "Mercado de A Pedra"
mércores, 8 feb 2006O Goberno local pediu un informe ao departamento de Patrimonio do Concello para analizar a relación xurídica que vincula ao Concello coa asociación que xestiona o inmoble denominado "Mercado de A Pedra" e que analice as posibles responsabilidades que poideran derivarse en vía administrativa polas actuacións practicadas polas forzas do orden público o martes neste mercado, onde localizaron ropa falsificada.
Bando sobre a instalación de terrazas con mesas e cadeiras
martes, 7 feb 2006O Concello está a traballar na unificación do mobiliario (mesas e cadeiras) das terrazas dos establecementos hostaleiros das zonas peonís e semipeonís como Montero Ríos e a alameda da praza de Compostela. As normas desta actuación recóllense nun bando que se adxunta a esta noticia.
Os grupos políticos están de acordo en que os novos aparcadoiros teñan tarifación por minutos
martes, 17 xan 2006Os protavoces dos grupos políticos reuníronse hoxe martes para debatiren sobre o prego de condicións e a viabilidade dos novos aparcadoiros, e chegaron ao acordo unánime de que a tarifación destes será por minutos e desde o momento de entrada no párking.