Os bombeiros fórmanse na intervención dun sinistro químico
90 efectivos do corpo de bombeiros de Vigo realizaron un curso de formación sobre o transporte de mercadorías perigosas . O programa desenvolveuse ata o día 3 de marzo durante 28 horas lectivas e impartíronse coñecementos e pautas a seguir nunha intervención nun sinistro relacionado con productos químicos.
O persoal do servizo de bombeiros recibiu formación sobre fuga de recipientes, gas licuado, protocolos de actuación en accidentes con mercadorías perigosas, coñecemento e identificación de materia perigosa tanto no transporte de mercadorías como en plantas industriais de producción e almacenamento, coa finalidade de rescatar ao maior número de víctimas , e ao mesmo tempo facilitar a protección do medio ambiente.
A empresa encargada da formación foi Cegalia&Mandford, líder nacional en formación práctica de servizos de emerxencia e contou coa presencia de Manuel Menéndez Romero e Fátima Lobato Vila como instructores do mesmo.
Descargar todas as imaxes